Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/300-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eurovento, S.L.

Domicilio social: Varsovia, 4 C-5º, Área Central, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: módulo de saída liña A Graña na sub. de Suído.

Situación: concello da Cañiza.

Características técnicas: modificación da subestación de Suído (autorizada mediante expediente 002-0EOL-IN661A 1999/7) con un módulo de saída liña a 220 kV constituído por: tres autoválvulas, tres transformadores de tensión, dous seccionadores tripolares, un interruptor automático e tres trafos de tensión. A instalación está situada no concello da Cañiza.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 21 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra