Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 05 de xuño de 2003 Páx. 7.197

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 272/2003, do 4 de xuño, polo que se nomea secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a Néstor Valcárcel Teijeiro.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de xuño de dous mil tres,

Nomeo a Néstor Valcárcel Teijeiro secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, catro de xuño de dous mil tres.

P.A.

José Antonio Orza Fernández

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria