Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente, pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data do 16 de maio de 2003, o estudio de detalle da unidade de actuación nº 29, redactado polo arquitecto Arsenio Piñeiro Santos, sométese a información pública, por un período de vinte días para efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo artigo 86.1º a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, servindo o presente anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 19 de maio de 2003.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde