Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por concurso da colaboración na prestación do servicio de axuda a domicilio.

Orzamento:

Prezos/hora máximos:

Hora ordinaria: 10,50 euros.

Hora extraordinaria (en horario nocturno ou día non laborable): 13,13 euros.

Por desprazamento: 0,17 euros/km.

Importe máximo estimado por cada ano de contrato: 40.838,46 euros.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 115 do 22 de maio do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da Casa do Concello, e na páxina web http//www.cambre.org/publicaciones, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 23 de maio de 2003.

P.D. (R.A. 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente do alcalde