Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.167

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (326/2003).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 326/2003, segui

dos por instancia de Mª Dolores Rodríguez Dacuña, contra a empresa Concargal, S.L. e outro sobre despedimento, dictouse a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. En Lugo o seis de maio do ano dous mil tres.

Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal número 326/2003, sobre reclamación por despedimento, no que son partes como demandante Mª Dolores Rodríguez Dacuña, asistida pola letrada Mª Teresa Souto Neira e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial, representado polo avogado do Estado Alfredo Barrigón del Santo. Non compareceu a empresa demandada Concargal, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por Mª Dolores Rodríguez Dacuña, sobre despedimento, contra a empresa Concargal, S.L., debo declarar e declaro a súa improcedencia e, polo tanto, debo condenar e condeno a dita empresa a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentencia, opte entre a readmisión da traballadora demandante ou o aboamento dunha indemnización de mil trinta e un euros con corenta e tres céntimos de euro (1.031,43 euros), entendéndose que de non opta-lo empresario en prazo pola readmisión ou pola indemnización procede a primeira; e, ademais, nun e noutro caso, ó pagamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (21-2-2003), ata a de notificación de sentencia, a razón de 34,21 euros diarios de soldo, e que ata a data desta resolución incluída ascenden á suma de dous mil cincocentos sesenta e cinco euros con setenta e cinco céntimos de euro (2.565,75 euros). Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa

eventual responsabilidade subsidiaria ulterior, caso de ser declarada a insolvencia empresarial e nos termos regulamentariamente establecidos.

Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei do procedemento laboral, e en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na Conta de Depósitos e Consignacións, nº 2322-61, número de autos 326/2003, que este xulgado do social ten aberta na entidade Banesto, sucursal de r/ San Marcos, nº 3-27001, desta cidade, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer

consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante

de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos que se deberá constituír na mesma conta nº 2322-65, número de autos 326/2003, da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado no momento de se interpoñe-lo recurso, caso de se-la empresa demandada condenada que o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Vega. Rubricado. Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que lle sirva de notificación en forma á empresa Concargal, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto, para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o seis de maio de dous mil tres.

O secretario

Rubricado