Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2003 Páx. 7.165

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DA CORUÑA

EDICTO (51/2002-X).

Mª Pilar Cuenca Sánchez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, fago saber que neste xulgado se seguen autos de expediente de xurisdicción voluntaria co número 51/2002-X, promovidos por Fernando Fernández Lorenzo, representado pola procuradora Mar Penas Francos, sobre declaración de ausencia de Fernando Fernández Pardo, titular do DNI nº 35430388, veciño da Coruña, co último domicilio coñecido na avenida de Chile, 27-2º B, nado no 9 de marzo de 1957 en Antas de Ulla, Lugo, fillo de Fernando e Carmen, solteiro, quen o 20 de maio de 1998 abandonou o domicilio familiar sen dicir o lugar onde se dirixía nin o motivo da súa marcha e sen que se volvesen ter notificas súas, sendo infructuosa cantas xestións fixo a súa familia para o localizar.

E para que así conste e sirva de aviso a todas aquelas persoas a quen poida interesa-la existencia do expediente, para os efectos do artigo 2.042 da Lei de axuizamento civil, expido, selo e asino este edicto na Coruña o cinco de marzo de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA