Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 28 de abril de 2003, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle de aliñacións na rúa Bosque Desamparados, redactado polo arquitecto Leopoldo Ivorra Sáenz-Díez e promovido por Ramón Barros Lage.

De conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo de vinte días, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 29 de abril de 2003.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde