1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Participación Cidadá. Nº de expediente: 1803/320.
2. Obxecto do contrato: descrición: redacción do proxecto, subministración e instalación dos equipos e sistemas para o acondicionamento escénico do Auditorio Municipal de Teis.
Unidades que se entregarán:
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de entrega: 45 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: 112.000 euros.
5. Garantía provisional: dispensada.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10.00 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións:
11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.
12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 16 de maio de 2003.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde