Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.056

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 29 de abril de 2003 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública, para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde.

Convocada pola Orde do 30 de outubro de 2002 (DOG nº 224, do 20 de novembro), a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego

de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 30 de outubro de 2002 (DOG nº 224, do 20 de novembro).

Segundo.-Declarar deserto o posto de traballo convocado pola Orde do 30 de outubro de 2002 (DOG nº 224, do 20 de novembro).

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2003.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade