Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.046

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de maio de 2003 pola que se anuncia a adxudicación de doce bolsas de estadía de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocadas por Orde do 4 de febreiro de 2003 (Diario Oficial de Galicia número 42, do 28 de febreiro).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión realizada o 8 de maio de 2003 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de bolsas de estadía de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 42, do 28 de febreiro de 2003, e de conformidade co establecido na base sexta da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder doce bolsas de estadía de persoal dos departamentos de estudios galegos de universidades de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo a esta resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o parágrafo anterior será a recollida no anexo que se xunta, coa retención fiscal que corresponda.

Terceira.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación do Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Nome e apelidosProcedenciaEstadíaImporte/mes

Dantas de Oliveira, Carlos J.Fortaleza (Brasil)1-6 a 31-12721,21
Schlegel, KateNew York (USA)1-6 a 31-12721,21
Rabartin, CélineParís (Francia)1-9 a 31-12601,01
Bonnamy, ValérieRennes (Francia)1-7 a 31-8601,01
Ávalos Castillo, María PazChile1-9 a 31-12721,21
Quaranta, IlariaPerugia (Italia)1-9 a 31-12601,01
Lois Barrio, María D.Madrid1-6 a 30-9510,86
Masini, ManuelePisa (Italia)15-7 a 14-10601,01
Mckevitt, Kerry AnnOxford20-6 a 19-9601,01
Sodaro, GiorgiaRoma (Italia)15-6 a 14-9601,01
Calzadilla Martínez, MauricioCuba1-7 a 31-12721,21
Echegaray de la Cruz, EstíbalizBizcaia20-6 a 19-10510,86