Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.045

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de maio de 2003 pola que se clasifica como benéfico social a Fundación Deportiva y Social de Galicia Grupo Breogán.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Deportiva y Social de Galicia Grupo Breogán, con domicilio en Lugo.

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Deportiva y Social de Galicia Grupo Breogán foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo o 15 de febreiro de 2002, ante o notario Mario Alfonso Calvo Alonso, co número seiscentos cincuenta e oito do seu protocolo por: Francisco Cacharro Pardo, Manuel Sánchez Vázquez, Valentín Pereira Fernández, Máximo Reija López, Eduardo Vidal Baamonde, Jaime Pablo Álamo Rodríguez, Pablo Taboada Camoira, Tomás Jiménez Lara, Juan Corral Vilar, José Soto Carballada, María Pilar Linares Santamarina, Juan de la Cruz Antolín y Rato, María Jesús Vilariño Arboiro, Ángel Albilares Varela, Fernando Estévez Otero, José Ferreiro Fernández e Francisco Javier Irimia Carrera.

Interveñen: Francisco Cacharro Pardo, en nome e representación da Deputación Provincial de Lugo, Manuel Sánchez Vázquez, en nome e representación como presidente da Asociación de Veteranos Breogán (Lugo), Valentín Pereira Fernández, en nome e representación do Club C.B. Becerreá o Desguace Breogán, Máximo Reija López, en nome do Club C.B. Celtas de Foz, Eduardo Vidal Baamonde, en nome e representación do C.B. Villalba Paradores Breogán, Jaime Pablo Álamo Rodríguez, en nome e representación como presidente do Club Baloncesto Parga, Pablo Taboada Camoira, en nome e representación do Club Baloncesto Palas, Tomás Jiménez Lara, en nome e representación do Club Baloncesto Val de Lemos, Juan Corral Villar, en nome e representación como presidente do Club Estudiantes de Lugo, José Soto Carballada, en nome e representación do Club de Baloncesto Sarria, María Pilar Linares Santamarina, en nome e representación do Club Deportivo Ensino, Juan de la Cruz Antolín y Rato, en nome e representación

do Club Baloncesto Vegadeo, María Jesús Vilariño Arboiro, en nome e representación do club da sociedade anónima deportiva denominada Club Breogán de Baloncesto, S.A.D., Ángel Albilares Varela, en nome e representación como presidente do Club Baloncesto Chantada Galp Breogán, Fernando Estévez Otero, en nome e repre

sentación do Club Baloncesto Viveiro, José Ferreiro Fernández, en nome e representación do Club Baloncesto Ría de Ribadeo e Francisco Javier Irimia Carrera, en nome e representación do Club Baloncesto Meira.

3. Segundo establece o artigo 5 dos estatutos, o obxecto da fundación é fomenta-la práctica deportiva na sociedade e en xeral a título enunciativo poderá:

Xestionar actividades deportivas directamente ou a través de convenios.

Ser titular de accións ou outros títulos de entidades de natureza societaria ou asociativa, en especial de natureza deportiva.

Fomentar e organizar encontros, seminarios e convencións co fin de profundizar no achegamento da sociedade ó deporte.

Ser nexo de unión coas empresas e entidades interesadas en fomentar unha cultura de valores tomando como referencia o deporte e a súa vinculación coa sociedade.

Potencia-la integración da universidade e o que representa na sociedade a través do concepto que supón a práctica do deporte e a súa xestión.

Promover, xestionar e realizar actividades económicas, empresariais e sociais para o mellor cumprimento dos seus fins.

4. O padroado da fundación estará integrado segundo se indica o artigo 12 dos estatutos.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, proposta de clasificación como benéfico social da Fundación Deportiva y Social de Galicia Grupo Breogán, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico social e á súa adscrición á Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 13 de maio de 2003.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico social a Fundación Deportiva y Social de Galicia Grupo Breogán adscribíndoa á Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia Relacións Institucionais

e Administración Pública