Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.040

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE PONTEVEDRA, S.A.

ANUNCIO do concurso de asistencia técnica para a adquisición e expropiación de terreos, bens e dereitos comprendidos dentro do ámbito de actuación do proxecto sectorial para a implantación da plataforma loxística-industrial en Salvaterra-As Neves.

Obxecto: asistencia técnica para a adquisición e expropiación de terreos, bens e dereitos comprendidos dentro do ámbito de actuación do proxecto sectorial para a implantación da plataforma loxística-industrial no ámbito delimitado nos concellos de Salvaterra e As Neves (PLISAN).

Orzamento: 1.000.000 de euros (IVE incluído).

Concursantes: profesionais ou empresas con experiencia acreditada en traballos similares co obxecto do concurso.

Bases: as bases do concurso e demais documentación poderán ser solicitadas nas oficinas de Xestur Pontevedra, S.A., praza Maruja Mallo, nº 1-1º de Vigo (tlf. 986 26 64 77), a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Propostas: as propostas e demais documentación para concursar, conforme establece o prego de bases deberán ser presentadas en man nas oficinas de Xestur sitas na praza Maruja Mallo nº 1-1º en Vigo, antes das 13 horas do día 4 de xullo de 2003.

A apertura das proposicións presentadas efectuarase o mesmo día 4 de xullo ás 13.15 horas.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 23 de mayo de 2003.

O xerente de Xestur Pontevedra, S.A.

Rubricado