Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2003 pola que se anuncia o concurso para a subministración de material de sinalización e seguridade vial diverso, ano 2003.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación da subministración de material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais, con orzamento máximo de 48.100 euros, IVE incluído.

Plicas: durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a provisional do 2% do orzamento de licitación e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da deputación tfno. 986 80 41 01.

Pontevedra, 8 de maio de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado