Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.022

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala básica de vixilancia pesqueira, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 21 de maio de 2003, o tribunal designado pola Orde do 17 de marzo de 2003 (DOG nº 57, do 21 de marzo) para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala básica de vixilancia pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 239, do 12 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (DOG nº 80, do 25 de abril), acordou, de conformidade coa base III.10 da convocatoria, realiza-lo primeiro exercicio da fase de oposición o día 11 de xuño de 2003, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 11.00 horas e os opositores deberán estar presentes no citado lugar ás 10.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis do nº 2 e goma de borrar para a realización do exercicio tipo test.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.

Juan Manuel Rodríguez Rodríguez

Presidente do tribunal