Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.984

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 28 de marzo de 2003, da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona, pola que se citan para seren notificadas por comparecencia determinadas persoas.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo a redacción dada pola

Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fai saber que ó non ter sido posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realizárlle-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e tentadas aquelas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse os citados interesados, especificados na dita relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na administración ou unidade de recadación que consta na relación para poderen ser notificados regulamentariamente.

En caso de non compareceren no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Barcelona, 28 de marzo de 2003.

Luis Felipe Palacios Arroyo

Xefe da Dependencia Provincial de Recadación

de Barcelona

ANEXO

Relación que se cita: 032111002.

Nome: Navarro Riera, Fco. de Asís.

NIF: 05361595-L.

Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.

Referencia: C1100002320107009.

Unidade: Unidade Rec. Menor Contía.

Lugar de comparecencia: PS Josep Carner, 33, planta baixa, Barcelona.