Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 28 de abril de 2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle asinado polo arquitecto Santiago Domínguez Baltar, visado o día 25 de marzo de 2003, para o reaxuste de aliñacións na avda. de Santiago, esquina rúa de nova apertura, coas modificacións efectuadas na folla nº 2 e sendo válidos os planos números 0, 3, 4 e 5 do mesmo autor, visados o día 23 de abril de 2003; sendo promotor Dosemas, S.L. O que se somete a información pública polo prazo de 20 días contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento e eventuais alegacións/reclamacións.

A Estrada, 8 de maio de 2003.

Ramón Campos Durán

Alcalde