Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.935

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 16 de abril de 2003, da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia, pola que se relacionan contribuíntes para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pasen a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións que se indican na Delegación Especial da AEAT en Galicia.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: r/ Comandante Fontanes, 10, 5ª planta. 15003 A Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Leitenova, S.L.

NIF: B-15517287.

Procedemento: oficio devolución ingresos indebidos.

Referencia: BPF.

A Coruña, 16 de abril de 2003.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

de Galicia