Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: terminación e adaptación de instalacións turísticas no encoro de Santo Estevo de Sil.

3. Orzamento (IVE incluído): 655.103,19 A.

4. Prazo de execución: 6 meses.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Información: Servicio de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Clasificación: grupo C, subgrupo 6, categoría d.

9. Presentación de ofertas: trece (13) días naturais, desde o seguinte á publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

10. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

12. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 112, do 19 de maio de 2003.

Lugo, 19 de maio de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo