Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.879

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se designa o tribunal cualificador e se fixan o lugar e a data de realización das probas para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante Resolución do 11 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, convócanse as probas para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 251, do 30 de decembro de 2002).

Na base sexta da dita resolución establécese que o tribunal cualificador das probas será designado por resolución do director xeral de Conservación da Natureza, que se publicará no DOG. Nesta resolución fixarase, así mesmo, a data e o lugar de realización das probas.

En virtude da citada competencia,

RESOLVO:

Primeiro.-Proceder ó nomeamento dos membros do tribunal cualificador -titular e suplente- das probas para a obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

Tribunal titular.

Presidente: Francisco García-Bobadilla Prósper, director xeral de Conservación da Natureza.

Secretaria: Marta Muñoz Mendoza, veterinaria adscrita á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Vocais:

Miguel Ángel Alonso Calvo, garda civil pertencente ó Servicio Cinolóxico.

Juan Antonio Lanzó, adestrador e xuíz internacional para probas de traballo Regulamento R.C.I. da Real Sociedad Canina de España.

Nuria Rodríguez Canabal, xefa da Sección Xurídica do Servicio Técnico Xurídico.

Tribunal suplente.

Presidente: Xosé Lago García, subdirector xeral de Espacios Naturais e Biodiversidade.

Secretario: José Manuel Pena Regueiro, xefe da Sección de Conservación da Biodiversidade.

Vocais:

Javier Turrillo Montiel, xefe do Servicio de Conservación da Biodiversidade.

José Francisco Rico Rodríguez, adestrador e xuíz internacional para probas de traballo Regulamento R.C.I. da Real Sociedad Canina de España.

Román Lewicky, veterinario.

De conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, os membros do tribunal poderán ser recusados polos aspirantes por calquera das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Segundo.-As probas desenvolveranse na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid 2-4, Polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, o día 12 de xuño de 2003, ás 10 horas.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2003.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral de Conservación da Natureza