Dentro do Plan de actividades da EGAP para o 2003, e a través do Centro de Estudios Locais de Galicia, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase unha xornada sobre a Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:
Primeira.-Obxectivos.
Coñecemento e debate da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
Segunda.-Contido.
Trataranse estes temas:
-Principios xerais. Réxime urbanístico do solo. Disposicións xerais. Réxime xurídico do solo rústico.
-Clasificación do solo. Réxime das distintas clases e categoría de solo. A organización do urbanismo en Galicia. Réxime transitorio.
-Planeamento urbanístico. Clases de plans. Procedemento de elaboración. Competencias para a súa aprobación. Normas de aplicación directa. Execución dos plans de ordenación (Xestión).
Terceira.-Destinatarios.
Persoal ó servicio da Administración local galega da Xunta de Galicia e interesados en xeral.
Cuarta.-Desenvolvemento.
Horario: mañá e tarde.
Lugares e datas:
-Vigo: salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, RR.II. e Admón Pública: r/ Concepción Arenal, 8, Vigo; 5 de xuño de 2003.
-Ourense: salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, RR.II. e Admón Pública: Avda. da Habana, 79-Ourense; 10 de xuño de 2003.
-Lugo: salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, RR.II. e Admón Pública: Ronda da Muralla, 70, Lugo; 18 de xuño de 2003.
-A Coruña: Salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia, RR.II. e Admón Pública: Pza. de Pontevedra, 22, A Coruña; 24 de xuño de 2003.
Quinta.-Inscrición.
-Prazo: o prazo rematará tres días antes do comezo da xornada.
Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Adminis
tración Pública, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.
Nº de prazas: limitado á capacidade do local.
Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.
Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día anterior ó da realización da xornada, de 8.30 a 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 57 ou 981 54 62 56.
Sexta.-Modificacións.
A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como a de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.
Sétima.-Certificado de asistencia.
Entregaráselles ó remate desta xornada a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a ela, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2003.
Domingo Bello Janeiro
Director da Escola Galega
de Administración Pública
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA