Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Leguiñas 2691, da provincia de Pontevedra, e promovida por Granitos Picáns, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de

información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación Leguiñas 2691, localizada en terreos do concello da Estrada, provincia de Pontevedra, e solicitado por Granitos Picáns, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Innovación, de Industria e Comercio e Medio Ambiente correspondentes, así como no Concello da Estrada, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas