Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.748

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 5 de maio de 2003 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e divulgación do cooperativismo.

Advertido erro no artigo 4º da citada orde publicada no DOG nº 92 do 14 de maio de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:

No artigo 4º na páxina 6.060, onde di: «... e os programas do anexo B financiaranse con cargo ó crédito da aplicación orzamentaria 16.03.214A.471.0», debe dicir: «... e os programas do anexo B financiaranse con cargo ó crédito da aplicación orzamentaria 16.06.214A.471.0».

Páxina 6.064 base sexta.-Axudas para a contratación de directores ou xerentes.

Parágrafo terceiro, onde di: «... por cooperativa ou sociedade laboral», debe dicir: «... por cooperativa de traballo asociado ou sociedade laboral».

Paxina 6.064 base sétima.-Subvención financeira.

Parágrafo primeiro, onde di: «... Non obstante, no caso de cooperativas ou sociedades laborais que leven menos dun ano de funcionamento na data da subvención, ...», debe dicir: «... Non obstante, no caso de cooperativas ou sociedades laborais que leven menos dun ano de funcionamento na data da solicitude da subvención, ...».

Advertido erro na disposición adicional oitava, punto 3º da citada orde publicada no DOG nº 92 do 14 de maio de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:

Na disposición adicional oitava, punto 3º na páxina 6.062, onde di: «... a concesión das axudas previstas no anexo B realizarase no ano 2003 con cargo á aplicación orzamentaria 16.03.214A.471.0», debe dicir: «... a concesión das axudas previstas no anexo B realizarase no ano 2003 con cargo á aplicación orzamentaria 16.06.214A.471.0».

Advertido erro no anexo VIII-A da citada orde publicada no DOG nº 92 do 14 de maio de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:

O anexo VIII-A, publicado na páxina 6.080 baixo a rúbrica de axudas para a concesión de socio traballador debe ser substituído polo contido do anexo VIII-A que se xunta.