Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.719

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PRINCIPADO DE ASTURIAS

CÉDULA do 2 de xullo de 2002, do Servicio de Xestión Tributaria da Consellería de Facenda, de notificación de débedas tributarias a contribuíntes en paradoiro descoñecido.

Ós contribuíntes que se detallan a seguir non se lles puido notifica-los seus débitos por se ignora-lo seu actual domicilio, ou ben por non ter quedado xustificado que chegase ó seu poder a cédula de notificación correspondente.

Daquela, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), procédese a publicar nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Facenda (Oficina de Xestión Tributaria de Xixón, r/ Munuza 2, esquina San Bernardo para as notificacións tramitadas na oficina de Oviedo e as oficinas liquidadoras de distrito hipitecario) as particularidades referidas a cada un dos ditos contribuíntes. Para o efecto cítanse os interesados relacionados a seguir para seren notificados; para este efecto deberán comparecer ante a oficina correspondente (tamén citada na relación adxunta), sinalándose que a devandita notificación en todo caso producirá efectos legais transcorridos dez días desde o día seguinte á presente publicación, así como do anuncio no correspondente boletín oficial da provincia.

Transcorrido este prazo sen comparecer nas oficinas correspondentes, deberase proceder ó ingreso dos débitos dentro dos prazos fixados no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro.

Se este prazo transcorre dentro da primeira quincena do mes, o prazo de ingreso rematará o día cinco do mes seguinte ou, se este fose festivo, o inmediato hábil posterior.

Se este prazo transcorre entre os días 16 e último do mes, o prazo de ingreso finalizará o día vinte do mes seguinte ou, se este fose festivo, o inmediato hábil posterior.

Os ingresos poderanse efectuar na Caixa do Principado de Asturias, r/ Coronel Aranda, 2, edificio administrativo de servicios múltiples, planta praza, sector esquerdo, ou a través de entidades colaboradoras, en canto ás liquidacións que corresponden á Oficina Liquidadora de Oviedo.

Os ingresos correspondentes a liquidacións practicadas pola Oficina Liquidadora de Xixón, poderanse efectuar na Caixa do Principado de Asturias, r/ Munuza 2, esquina San Bernardo, ou a través de entidades colaboradoras, ou, se é o caso, no que o domicilio do contribuínte estea situado noutra comunidade autónoma, mediante ingreso na conta nº 0104/0575/95/0172020599, existente no Banco Exterior de España de Argentaria.

Suprímese o xiro postal tributario.

Transcorrido os prazos de ingreso anteriores, esixiranse as débedas por vía de constrinximento.

Imposto: sucesións e doazóns, Oficina Liquidadora de Xixón.

Liq./ano: L0000986/02.

Exp./ano: 11357/02.

Contribuínte e domicilio: Álvarez Viejo, José Luis. R/ Tapia, nº 3-B, 4º B, Cambre (A Coruña).

Doc./ano: 3598/01.

Importe-euros: 39,24.

Oviedo, 3 de abril de 2003.

Carlos Franco García

Jefe do Servicio de Xestión Tributaria