Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

EXTRACTO da convocatoria, bases xerais e específicas das prazas do cadro de persoal laboral, correspondente á oferta de emprego de 2003 que se relacionan, a prover, polo sistema de concurso-oposición, acceso libre, vacantes na relación de postos de traballo para 2003 da Deputación Provincial de Lugo.

No BOP de Lugo, número 81 do 8 de abril de 2003, publícase convocatoria así como as bases xerais e específicas para a provisión das prazas do cadro de persoal laboral, que a seguir se relacionan, correspondentes á oferta de emprego para o ano 2003, para prover, polo sistema de concurso-oposición, acceso libre.

Número de prazas: 5.

Denominación: coidador.

Grupo: E.

Número de prazas: 1.

Denominación: monitor de terapia e estética.

Grupo: E.

Número de prazas: 1.

Denominación: monitor de terapia.

Grupo: E.

Número de prazas: 1.

Denominación: monitor de taller de teares.

Grupo: E.

Número de prazas: 5.

Denominación: obreiro.

Grupo: E.

Presentación de instancias: dirixiranse ó presidente da Deputación Provincial de Lugo, no modelo que se facilitará no rexistro xeral desta deputación provincial. Presentaranse no rexistro xeral desta entidade, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte día naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e/ou no taboleiro de anuncios desta corporación.

Lugo, 8 de abril de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo