Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 7-4-2003 determiou que os ámbitos de suspensión automática de licencias de parcelamento de terreos, edificación e demolición, como consecuencia do acordo plenario do 30 de decembro de 2002, de aprobación inicial do proxecto de modificación puntual do PXOU vixente, nos sectores de SUNP N-J, N-K y N-M (ronda do Carme), polo prazo dun ano, serán os seguintes:

Ámbito de suspensión:

Está delimitada polas liñas formadas por:

-Marxe dereita da N-VI desde a confluencia coa avenida dos Deportes e seguindo a entrada desta pola avenida das Américas ata chegar ó límite do solo urbano, liña que continúa ata a rúa Marqués de Ombreiro á altura do edificio número 130 dela (incluído), cruza a rúa y continúa pola marxe esquerda desta ata enlazar co carril da Meleira e seguilo ata o límite da zona 03, por onde baixa ata chegar á rúa Pousadela, onde segue pola súa marxe dereira ata confluír coa marxe esquerda das rúas Río Masma e Río Azúmara e bordeando o chamado Agro da Cheda, tamén polo límite do solo urbano, volve a Marqués de Ombreiro, rúa a onde chega no terreo situado ó lado da edificación número 59 e continúa por ela ata o camiño estremeiro coa edificación 1-3-5 de Marqués de Ombreiro que enlaza coa rúa do Carme. Pola dita rúa segue a liña esquerda ata o número 53 (excluído), pasando por detrás deste e volvendo á rúa do Carme tras pasa-la rúa Pousadela. Segue a liña da rúa do Carme ata rodear por detrás o

edificio número 25 e seguintes (excluídos), e chegar á calzada da Ponte, onde pola suá marxe dereita baixa ata fronte á metade da edificación número 63 e continúa, de forma perpendicular, pasando por diante das edificacións números 110 e 112, despois das cales baixa ata a N-VI, de onde, pola súa liña dereita, segue ata a rotonda de entrada á avenida dos Deportes, todo isto sinalado no plano número 6, Información. Modificación. Delimitaciones do proxecto de modificación puntual do PXOU de Lugo, nos sectores N-J, N-K e N-M do solo urbanizable.

Pola parte dereita da ronda do Carme, o ámbito da suspensión está delimitado polas seguintes liñas:

-Liña formada pola marxe esquerda da rúa Poeta Noriega Varela, desde a súa confluencia coa ronda do Carme ata a edificación número 29 (excluída), traseiras dos edificios números 29 ó 15, fronte da rúa Poeta Noriega Varela ata a traseira da esquina coa ronda da Muralla e números 145 e 146 desta (excluídos). Segue pola da ronda ata a edificación números 156-157 (excluído) e baixa polo límite do Colexio San José (tamén límite do solo urbano) ata chegar á rúa Santiago, onde inclúe a rúa do Vicedo e a edificación número 22 da rúa Santiago. Volve ás traseiras dos edificios (límite da zona 05 do solo urbano), ata coller novamente a liña da rúa Santiago desde o número 42 (excluído) ata o número 54-56 (incluído), rodea por detrás os números 58-60-62 da rúa Santiago e 10 da rúa do Carme, e colle novamente a liña da ronda do Carme á altura do Camiño do Regueiro, por onde continúa ata chegar á confluencia con Poeta Noriega Varela, todo isto sinalado no plano nº 6 Información. Modificación.

Delimitaciones, do proxecto de modificación puntual do PXOU de Lugo, nos sectores N-J, N-K e N-M do solo urbanizable.

Contra o acordo de suspensión de procedemento de outorgamento de licencias poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que se estimen conveniente.

Lugo, 11 de abril de 2003.

P.D. (Decreto alcaldía nº 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo,

Infraestructura e Medio Ambiente