Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO do concurso para a construcción e explotación dunha cafetería na zona cesión local Sector J.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións do concurso público para a construcción e explotación de cafetería na zona cesión local Sector J, na Valenzá. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do concello. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Concello de Barbadás, Cimadevila nº 11, ou por teléfono: 988 36 00 00 e fax: 988 36 01 26.

Barbadás, 9 de maio de 2003.

José Manuel Freire Couto

Alcalde