Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Antonia Pilar Naveira López.

No xulgado do contencioso-administrativo de Lugo tramítase o recurso número 2003-59-P interposto por Antonia Pilar Naveira López na súa condición de aspirante incluída no listado para vinculacións temporais da categoría de auxiliar de enfermería (Monforte) publicado pola dirección provincial deste organismo con data 23 de setembro de 2002. A recorrente, que figura con 12,70 puntos, pretende o incremento da dita puntuación.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan presentarse no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos