Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto das obras de clave OU/02/101.03 e tres máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción do enlace entre as rúas Ponte Pelamios e Ponte Codesal, convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Concello de Ourense 8-5-2003.

Número do expediente: OU/02/101.03.

Orzamento base de licitación: trescentos setenta e catro mil setecentos trinta e un euros con cinco céntimos (374.731,05 euros).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: acondicionamento da estrada PO-303 Castrelo-Samieira, treito Meaño-Simes, convenio Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-Concello de Meaño 10-2-2003.

Número do expediente: PO/02/037.01.

Orzamento base de licitación: oitocentos dezasete mil douscentos noventa e nove euros con noventa e nove céntimos (817.299,99 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

División por lotes e número: non hai.

c) Descrición do obxecto: conexión entre as estradas PO-310 e C-531 en Campañó (Poio), treito I.

Número do expediente: PO/02/017.01.01.

Orzamento base de licitación: seiscentos trinta e oito mil douscentos setenta e seis euros con dous céntimos (638.276,02 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

División por lotes e número: non hai.

d) Descrición do obxecto: remodelación da intersección da AC-123 coa CP-0401 en Ares.

Clave do expediente: AC/02/045.06.

Orzamento base de licitación: cincocentos setenta e un mil trescentos noventa e sete euros con corenta e nove céntimos (571.397,49 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: 15781-Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, (ver parágrafo 2.2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: ver parágrafo F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11 horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº A), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios. O importe estimado máximo DOG: por liña 9,56 euros.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda