Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.691

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (51/2003).

Nos autos de xuízo de faltas 51/2003, dictouse sentencia co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o once de abril de dous mil tres, José Gómez Rey, maxistrado xuíz do

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 51/2003, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, a denunciante Josefa Tejo Cepeda, e o denunciado José Ramón Mayo Caamaño...(seguen antecedentes de feito, feitos probados, fundamentos de dereito).

Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Ramón Mayo Caamaño da falta de ameazas pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación en autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e lle sirva de notificación en forma ó denunciado José Ramón Mayo Caamaño, actualmente en situación de ignorado paradoiro, expido, asino e selo estea cédula en Santiago de Compostela o vinteún de abril de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado