Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.691

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (351/2001).

Eu, Alberto Ballón Lage, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 351/2001 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, tendo vistos os presentes autos de xuízo de faltas, 351/2001, seguidos por unha falta contra a orde pública, na que é denunciado José Antonio Freire Penas, tendo sido parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a José Antonio Freire Penas como autor dunha falta contra a orde pública do artigo 636 do Código Penal á pena dun mes de multa a razón dunha cota diaria de 6 euros, é dicir, a razón de 160 euros de multa con responsabilidade persoal subsidiaria, en caso de falta de pagamento, dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas de multa impagadas.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto.»

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Antonio Freire Penas, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o quince de abril de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA