Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de abril de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica a resolución de arquivo do cambio de réxime na vivenda á interesada Carmen Álvarez Rodríguez (expediente C-85080, conta 2).

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a Carmen Álvarez Rodríguez a Resolución do 11 de decembro de 2002 acordando o arquivo do expediente de cambio de réxime de compravenda a aluguer da vivenda da que é titular, sita na Coruña, rúa Enrique Hervada 4, 1º A (expediente C-85080, conta 2), por desestimento da interesada, conforme os artigos 71 e 42 da citada lei.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó desta notificación, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o vintecinco de abril de dous mil tres.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña