Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 805/2002 e cinco máis.

Ó non ser atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolles que de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 805/2002.

Acta nº: 1369/2002.

Titular: Gonzalo Romero Rodríguez.

NIF/DNI: 32308335-M.

Enderezo: r/ Rianxo, nº 5-6º B. A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 27-2-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.502,54 euros.

Feitos: en relación co accidente de traballo sufrido por Jesús Ferreiro Barbeito, cítase a empresa para a súa comparecencia, que non achega ningunha documentación sobre a existencia de organización da actividade preventiva na empresa, nin avaliación de riscos laborais. En comparecencia posterior constátase que a empresa carece de todo servicio de prevención.

Vulnéranse o artigo 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; artigos 4 a), d) e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14 e 30.1º e 2º da Lei 31/1995, e artigos 10, 12 e 16 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.15º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 806/2002.

Acta nº: 1370/2002.

Titular: Gonzalo Romero Rodríguez.

NIF/DNI: 32308335-M.

Enderezo: r/ Rianxo, nº 5-6º B. A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 27-2-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.502,54 euros.

Feitos: en relación co accidente de traballo sufrido por Jesús Ferreiro Barbeito, cítase a empresa co obxecto de aclara-las causas de tal accidente, comprobándose que o traballador realizaba tarefas de pintura subido a un andamio de 1,40 metros de altura. O dito andamio estaba instalado sobre a terra mollada, o que provocou que se desnivelase cando o traballador subiu e colocou os materiais necesarios. A causa do accidente atopouse na inestabilidade do terreo, existindo un risco de afundimento de terra, materializado na caída do traballador.

Vulnéranse o artigo 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; artigos 4.2º d) e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo e punto 1 da parte C do anexo IV do Real decreto lexislativo 1215/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.16º b) e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 863/2002.

Acta nº: 1610/2002.

Titular: Hostelerías Garfrei, S.C.

NIF/DNI: G-15821069.

Enderezo: avda. Souto Vizoso, 6 (Narón).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 8-4-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.502,54 euros.

Feitos: con data do 16-7-2002 visitouse a empresa da referencia, e entregóuselles citación ó responsable para que con data do 19-7-2002 presentase determinada documentación, entre ela a avaliación incial de riscos laborais. Na data sinalada non comparece nin achega documentación. Cítase novamente a empresa mediante acta de obstrucción para achega-la documentación solicitada o día 18-9-2002. A empresa non achega nin xustifica a elaboración da avaliación de riscos.

Vulnéranse o artigo 5.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, e artigos 3, 4, 5 e 6 do Real decreto 39/1997.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.1º e 39 e 40 respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 12/2003.

Acta nº: 2009/2002 (I) e (II).

Titular: Obrascon Huarte Lain, S.A.-ACS Proyectos Obras Const. UTE (II)

NIF/DNI: G-15808405.

Enderezo: Cantón Grande, 5 (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 2-4-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.503 euros.

Feitos: con data do 26-11-2002 visitouse a obra de construcción sita no Hospital Juan Canalejo e comprobouse que os traballadores non utilizaban cinto de seguridade, existindo un risco de caída de altura.

Vulnéranse o artigo 5.2º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; artigo 4 do Real decreto lexislativo, do 24 de marzo; artigos 14, 15 e 17 da Lei 31/1995, e artigos 1, 2, 10 e 11, e puntos 3 e 11 da parte C do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.16º f) e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

De conformidade co artigo 42.3º do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, apréciase responsabilidade solidaria da empresa principal en obra (Cnes. Vilocar Sarria, S.L.).

Expediente nº: 27/2003.

Acta nº: 2015/2002.

Titular: Descornaveira, S.L.

NIF/DNI: B-15364797.

Enderezo: Fonteculler, s/n, (Culleredo).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 21-3-2003.

Resolución: sanción por importe de 1.503 euros.

Feitos: co obxecto de clarifica-lo accidente sufrido polo traballador José Luis Barros Ferreño, citáronse a empresa e o accidentado nas dependencias da Inspección de Traballo, e constatouse que o accidente tivo lugar cando a empresa procedía a instalar novos tendais de roupa no patio da casa sita na praza de Pontevedra, 19 (A Coruña). O accidentado realizaba tarefas de pintura cando a trapela da escaleira abatible que comunica uns andares do andamio con outros lle caeu de repente sobre a man, causándolle a lesión.

Vulnéranse os artigos 4.2º d) e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, artigo 14 da Lei 31/1995, e artigo 11, e punto 1 da parte C do anexo IV do Real decreto 1215/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.16º b) e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente nº: 45/2003.

Acta nº: 2046/2002 (I) e (II).

Titular: Construcciones Fergama, S.L. (I).

NIF/DNI: B-15609886.

Enderezo: Francisco Catoira, 41 baixo (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 27-3-2003.

Resolución: sanción por importe de 7.518 euros.

Feitos: co obxecto de clarifica-lo accidente sufrido polo traballador José Antón Pardo Garabeto, visitouse a obra de construcción sita na Insua de Arriba-Morás (Arteixo), e constatouse o seguinte:-O accidente tivo lugar cando se procedía a instala-la caseta de obra e o accidentado agarrouse ás eslingas para baixar co guindastre, producíndose un contacto eléctrico que provocou unha cambra que tirou o operario ó chan.-Prodúcense dúas infraccións:

1ª O proxecto de instalación do guindastre é posterior ó accidente, e non recolle nin identifica a liña con tensión.

Vulnéranse os artigos 14.1º e 17.2º da Lei 31/1995, do 8 de novembro; parte A e 10 a), b), c) da parte C do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, así como a normativa do Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Tipificación: falta grave en grao medio, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16º b) e 39, respectivametne, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, tendo en conta a perigosidade da actividade desenvolvida.

2ª Compróbase, así mesmo, que a empresa Drua, S.L. (solidaria no expediente) non ten plan de seguridade aprobado para a obra, e que a empresa Fergama, S.L. carece tamén del.

Vulnérase o artigo 7 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.6º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 16 de abril de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincail da Coruña