Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto por expropiación e imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 137/1998).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 5 de xuño de 2003, a partir das 11 horas, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., proceda nas oficinas da Casa do Concello de Cabanas ós pagamentos do prezo xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica aérea a 132 kV desde a subestación de Vilar do Colo ata Forestal do Atlántico, nos termos municipais de Cabanas, Fene e Mugardos (expte. 137/1998), ós interesados propostos pola citada empresa como titulares dos predios afectados por este proceso expropiatorio, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

Unha vez se reciban do Xurado Provincial de Expropiación a totalidade das resolucións respecto dos predios contidos neste expediente expropiatorio e situados nos termos municipais de Fene e Mugardos, dirixiranse notificacións individuais ós interesados propostos como titulares de tales predios, sinalándoselles días e horas para os pagamentos dos prezos xustos e xuros de demora.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5º da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 2 de abril de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña