Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/145-4).

Visto o expediente para outorgamiento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Bruñeiros.

Situación: concello da Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 736 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.S., desde o apoio n. 3 da L.M.T. existente ó C.T. Rial-Igrexa, rematando no C.T. que se proxecta en Bruñeiros, no concello da Cañiza, de 50 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Realizada a información pública e a comunicación individual a cada un dos afectados pola instalación, non se presentaron alegacións no prazo establecido para iso.

Cumprido-los trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos II e V do Real decreto 1955/2000, esta delegación provincial

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita os bens afectados, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos reglamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de vintecatro meses a partir da recepción desta resolución. A efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;

tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 31 de marzo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra