1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Número de expediente: SX 4/2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: prestación do soporte lóxico, xestión de incidencias, configuración e resolución de calquera eventualidade que xurda en relación co funcionamento da aplicación informática XADE-Centros.
b) Lugar de execución: nas dependencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou da empresa adxudicataria, de acordo coas directrices dadas pola consellería.
d) Prazo de execución: catro (4) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 50.000 euros.
5. Garantías.
a) Provisional: 1.000 euros.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de información e documentación.
6.1. Información.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Teléfono: 981 54 44 91.
e) Telefax: 981 54 54 43.
6.2. Documentación.
a) Enderezo: Copy Estudio: rúa Nova de Abaixo, 19-20, Santiago de Compostela (A Coruña).
b) Teléfono: 981 59 33 85.
c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos á contratación no seguinte enderezo da Internet:
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2506
6.3. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo quinto
día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación.
1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
2º Domicilio: edificios administrativos San Caetano s/n.
3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas, 1ª planta).
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.
d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.
e) Hora: 10.15 horas.
10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria