Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta, as obras de substitución cuberta no CEIP O Graxal-O Temple e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: substitución cuberta no CEIP O Graxal-O Temple.

b) Lugar de execución: Cambre.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 161.998,87 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 4, categoría c.

f) Garantía provisional: exímese (artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

2.2. a) Descrición do obxecto: construcción de ximnasio no CEIP Raíña Fabiola

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: cinco meses.

d) Importe total: 185.484 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 4, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese.

2.3. a) Descrición do obxecto: reforma cuberta e fachada no CEIP Fogar.

b) Lugar de execución: Carballo.

c) Prazo de execución: catro meses.

d) Importe total: 229.982,60 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 1 e 4, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese.

2.4. a) Descrición do obxecto: reforma cuberta de patio no CEIP Joaquín Rodríguez Otero.

b) Lugar de execución: Buño-Malpica.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 96.448,17 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 4, categoría d.

f) Garantía provisional: exímese.

2.5. a) Descrición do obxecto: ampliación pista descuberta, formación de graderíos, estructura e cuberta no IES da Laracha.

b) Lugar de execución: A Laracha.

c) Prazo de execución: tres meses.

d) Importe total: 287.979,78 euros.

e) Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 4, categoría e.

f) Garantía provisional: exímese.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade Técnica).

b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15071.

d) Tlfo.: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Se este cae en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral do edificio administrativo de Monelos.

-Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n.

-Localidade: A Coruña, 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

6. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza de Luis Seoane, s/n 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cae en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

7. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

A Coruña, 14 de abril de 2003.

Elena Menéndez Martín

Delegada provincial da Coruña