Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.431

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2003 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 01/208 e 01/229 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade números 01/208 e 01/229, convocadas por Resolución do 13 e 27 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro e 13 de decembro), comisións que se citan como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 21 de abril de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: Ciencias e Técnicas da Navegación.

Praza nº: 01/208.

Comisión titular:

Presidente: Bastida Tirado, José, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Secretario: Martínez Mayan, José Manuel, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

García Melón, Enrique, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Barea Zamora, Manuel, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Cádiz.

Alónso Pica, Manuel Ángel, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Oviedo.

Comisión suplente:

Presidente: Moral Hernández, Francisco Javier Del, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Fernández Hermida, Senén, profesor titular de escola universitaria. Uiversidade da Coruña.

Vocais:

Achutegui Rodríguez, Juan José, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Rodríguez-Martos Dauer, Ricardo, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Rodríguez Torres, Juan Antonio, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Laguna.

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: dereito civil.

Praza nº: 01/229.

Comisión titular:

Presidente: Pena López, José María, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Suárez González, Carlos, catedrático de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.

Vocais:

Cuadrado Iglesias, Manuel, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Fisac de Ron, M. Paloma, catedrática de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Díez García, Helena, catedrática de escola universitaria. Universidade de León.

Comisión suplente:

Presidente: Lete del Río, José Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Herrada Romero, Rafael I., catedrático de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais:

Pantaleón Prieto, Ángel Fernando, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Valbuena Gutiérrez, José Antonio, catedrático de escola universitaria. Universidade de León.

Ordas Alonso, Marta, catedrática de escola universitaria. Universidade de León.