Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.430

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se procede a designa-los membros e a facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario das modalidades de bacharelato no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude da autorización conferida polo artigo décimo primeiro da Orde do 31 de marzo de 2003, pola que se convocan os premios extraordinarios das modalidades de bacharelato para alumnos que rematasen os seus estudios de bacharelato no curso 2002-2003, e de conformidade co establecido no artigo sétimo desa orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Designa-los membros do tribunal que deberá xulga-las probas para a concesión do premio extraordinario das modalidades do bacharelato e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo.-O número de premios que se poden conceder na convocatoria do curso 2002-2003 na Comunidade Autónoma de Galicia é de vintedous (22).

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Ordenación Educativa

ANEXO

Presidente: Emilio Pérez Sánchez, inspector de Educación.

Vocais:

Fermín Álvarez Lata, inspector de Educación.

Constantino Freire Lamas, inspector de Educación.

Fernando del Pozo Andrés, inspector de Educación

Modesto Hermida García, inspector de Educación.

Agustín Hermida López, inspector de Educación.

Samuel Lago Fernández, inspector de Educación.

Pilar Miravalles González, inspectora de Educación.

José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de Educación.

Rodrigo Porral Mato, inspector de Educación.

Juan Carlos Varela Vázquez, inspector de Educación.

Faustino Salgado López, inspector de Educación.

Pedro Álvarez Boo, catedrático de ensino secundario.

Florinda Sánchez Fernández, catedrática de ensino secundario.

Suplentes:

Presidenta: Concepción Otero Vázquez, inspectora de Educación.

Vocais:

Juan López Pérez, inspector de Educación.

Manuel Reboredo Lavín, inspector de Educación.

Carlos Pérez Valcárcel, catedrático de ensino secundario.

Elena Santillán Pedrosa, catedrática de ensino secundario.

Francisco Trillo Pérez, catedrático de ensino secundario.

José Antonio Vázquez Quiroga, catedrático de ensino secundario.

Manuel Nicolás Vázquez Varela, catedrático de ensino secundario.