Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.420

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de abril de 2003 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (programa Isidro Parga Pondal) e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 89, do venres, día 9 de maio de 2003, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 5.851, no artigo 2º, letra b), último parágrafo, onde di: «Admitiranse solicitudes de candidatos que teñan iniciado o trámite de homologación do título de doutor polo Ministerio de Educación e Cultura, pero neste caso a selección do candidato, de producirse, quedará condicionada a que a dita homologación se conceda antes do 1 de outubro de 2003», debe dicir: «Admitiranse solicitudes de candidatos que teñan iniciado o trámite de homologación do título de doutor polo Ministerio de Educación e Cultura, pero neste caso a selección do candidato, de producirse, quedará condicionada, para os efectos de obtención de prórroga, a que a dita homologación se conceda antes do 1 de octubro de 2005».

No anexo II, nas páxinas 5.854 e 5.855, as prazas P-50, P-52 e P-53 quedan configuradas do modo seguinte:

PrazaCentro/Lugar de traballoLocalidadeÁrea temáticaÁrea científicaOrganismo

P-50Fac. de InformáticaA CoruñaBioloxía Molecular, Celular e Xenética/Ciencias da Computaciónn e Tecnoloxía InformáticaXenética/Ciencias da Computación e Intelixencia ArtificialUDC

P-52Servicios Xerais de Apoio á InvestigaciónA CoruñaBioloxía Molecular, Celular e XenéticaXenética/Bioquímica e Bioloxía MolecularUDC

P-53Instituto Ciencias da SaúdeA CoruñaBioloxía Molecular, Celular e XenéticaBioquímica e Bioloxía MolecularUDC