Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.420

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 12 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que deberá xulga-las probas de acceso ós ciclos formativos de Formación Profesional Específica de grao medio e superior para o curso 2003-2004.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 94, do venres, 16 de maio de 2003, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 6.329, no primeiro parágrafo, onde di: «Segundo a Resolución do 2 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica para o curso 2003/2004», debe dicir: «Segundo a Resolución do 12 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa e da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se dictan instruccións sobre o acceso e admisión ós ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica en centros sostidos con fondos públicos».