Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 9 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de incendios OU 470/2002 IN e 488/2002 IN, devoltos polo servicio de co-

rreos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos expedientes sancionadores correspondentes, por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes a contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que a esta resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Prazos establecidos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

-As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

-As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presentase, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 9 de abril de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente/ano: OU 470/2002 IN.

Denunciado/DNI: Santiago Águila Fité; 39028551.

Último enderezo coñecido: avda. Barberá nº 59/61, 08204 Sabadell, Barcelona.

Feito denunciado: abandono de vehículo B-3333-H.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais.

Sanción euros: 300,51 A.

Expediente/ano: OU 488/2002 IN.

Denunciado/DNI: Enrique Pérez Barba; 05102190.

Último enderezo coñecido: r/ Calatrava, nº 12-3º 02006 Albacete.

Feito denunciado: abandono de vehículo AB-7032-C.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da DXM e Industrias Forestais.

Sanción euros: 300,51 A.