Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da Resolución do 8 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto ambiental para a explotación da concesión mineira Angelita, fracción segunda, sita nos concellos de Muras e Xermade.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de

avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Innovación Industria e Comercio de Lugo,

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante esta publicación, á Resolución do 8 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Calidade y Avaliación Ambiental, pola que se formula declaración de impacto ambiental para a explotación da concesión mineira Angelita, fracción 2ª, sita nos concellos de Muras e Xermade,

provincia de Lugo, promovida por Epifanio Campo Fernández.

A dita declaración, que se refire en exclusiva ós labores de explotación e instalacións anexas que se levarán a cabo nunha superficie de 13,46 ha nos lugares de Baamonde, Castiñeiras e O Casal, pertencentes ós termos municipais de Muras e Xermade, coa designación puntual en coordenadas UTM: X=603626,06, Y=4810569,16, incorporouse ó expediente e atópase á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 7 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL