Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica chamada reelectrificación do Sisto (A Torre), no concello de Vilalba. (Expediente 8/2002 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a seguir:

-Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

-Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

-Características técnicas principais:

1.-Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. de Pazos e final no C.T. proxectado do Sisto de 1.425 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón ou torres metálicas en conductor LA-56.

2.-Centro de transformación aéreo de intemperie do Sisto de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3.-Rede de baixa tensión do Sisto de 3.150 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do

título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo-Ronda da Muralla, 70, Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que estimen oportuno, podendo correxi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 3 de abril de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 8/2002Provincia: Lugo

Reelectrificación no Sisto (A Torre)Termo municipal: Vilalba

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

8A PenaMonte baixoBalbina Ferreiro PrietoEsperido, 23 Noche

27812 Vilalba (Lugo)

17170

16Vilar da PenaMonte baixoRoberto Coira Andrade

e outros

San Andrés, 132-2 I

15003 A Coruña

3

19EspadaMonte altoJosé Lodeiro CendánCurrás-Alba

27813 Vilalba (Lugo)

5 e 621422.272

22aXinxalMonte altoMaría Carreira MonteiraPazos-Alba

27813 Vilalba (Lugo)

7126416

22bXinxalMonte altoAntonio González CorralCarral, 80

27372 Begonte (Lugo)

8 e 921832.476

25XinxalPradoJosefa Lodeiro CendánCruz-Alba

27813 Vilalba (Lugo)

91880

36bBanineiroPradoManuel Seoane NovoA Torre

27813 Vilalba (Lugo)

50250