Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.053

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 28 de abril de 2003 pola que se nomean vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente,

determinando que serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo 3, todos eles con especial vinculación coa protección do medio.

Por outra banda o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente aprobado en Pleno en data 12 de abril de 1996, establece a posibilidade de cesa-los seus membros por proposta das organizacións, institucións ou autoridades que promoveron o seu nomeamento, debendo presenta-la oportuna proposta de novo nomeamento ó presidente do consello.

Por todo isto, en uso da atribución outorgada polo artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, modificado polo Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Designar como vocais do Consello Galego de Medio Ambiente en representación das organizacións de consumidores de Galicia as persoas que a continuación se relacionan:

-Nieves Cuéllar Redondo, como titular e

-Digna Casto González como suplente.

Artigo 2º

Cesar como vocais do Consello Galego de Medio Ambiente en representación das entidades que se citan, agradecéndolle-los servicios prestados, as persoas que a continuación se relacionan:

-Luis Castro Valdivia, como titular, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

-Jesús Luis Saleta Canosa, como titular e Ángel Gómez Amorín, como suplente, pola área de sanidade pública ambiental.

Artigo 3º

Designar como vocais do Consello Galego de Medio Ambiente, por proposta das organizacións e departamentos autonómicos respectivos e en substitución das que causan baixa pola presente orde, as persoas que a continuación se relacionan:

-Antón Arias Díaz-Eimil, como titular, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

-Ángel Gómez Amorín, como titular e Mª Carmen Sánchez Barral, como suplente, pola área de sanidade pública ambiental.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA