Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo trámite ordinario e procedemento aberto, para a contratación do servicio de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña que se citan.

A delegación provincial da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 7/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña.

b) División por lotes e números: un.

* Lote único: expediente 7/2003: servicio de restauración, mantemento e limpeza do campamento xuvenil Virxe de Loreto-Porto do Son, Furelos-Melide e Espiñeira-Boiro.

c) Lugar de execución: campamentos xuvenís Virxe de Loreto-Porto do Son, Furelos-Melide e Espiñeira-Boiro (A Coruña).

d) Prazo de execución: do 27 de xuño ata o 5 de setembro de 2003, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importes totais:

-9,32 euros/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 9.180 prazas en Virxe de Loreto-Porto do Son, 9,32 euros/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 7.500 prazas en Espiñeira-Boiro e 10,22 euros/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 4.065 prazas en Furelos-Melide. Establécese un orzamento calculado de gasto de 197.002 euros, IVE incluído, en función dun máximo de 20.745 prazas.

5. Garantías.

a) Definitiva: si (4% do importe de adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado da Coruña.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña, 15006.

d) Teléfono: 981 18 57 00/10.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2393

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: si (grupo M, subgrupos 1 e 6, categoría D).

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e na indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax 981 18 57 02 ou telegrama no mesmo día.

2º Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

3º Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 15 de abril de 2003.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña