Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27007 Lugo.
Denominación: reelectrificación de San Pedro de Viveiro (2ª fase).
Situación: Viveiro.
Descricións técnicas:
-L.M.T. aérea a 20 kV con 0,809 km de lonxitude con orixe en L.M.T. existente a San Martiño e final en C.T. de Valdemirós.
-C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.
-L.B.T. aérea de 1,45 km de lonxitude con orixe en C.T. de Valdemirós e conductor tipo R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 27 de marzo de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo