Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/33-2, 5820 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Carballo.

Situación: Alfoz e O Valadouro.

Descricións técnicas:

-L.M.T. aérea a 20 kV con 0,042 km de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. existente sub. Foz-L.M.T. San Martiño e final en C.T. Carballo.

-C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

-L.B.T. aérea de 0,315 km de lonxitude con orixe en C.T. Carballo e conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 26 de marzo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo