Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.020

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de maio de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro) para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) e realizado o acto previsto na Orde do 25 de abril de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Nomear funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos, os aspirantes que superaron o proceso selectivo polo sistema de acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final obtida,

e adxudicándolles, como destino provisional, o que figura no anexo.

Para adquiriren a condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Apelidos e nomeDNICódigo do postoDenominaciónNivelConcelloProvinciaCarácter

Martínez Morán, Monserrat Isaura36070435-HPE.C04.00.001.15770.003Técnico22Santiago de C.A CoruñaProvisional

Fernández Conchas, Ramón Damián33265413-FPE.C99.40.201.36600.045Técnico22Vilanova de ArousaPontevedraProvisional

Fernández Bouzas, José Antonio32759840-CPE.C05.00.000.15770.043Técnico divulgación pesqueira22Santiago de C.A CoruñaProvisional

Alonso Acosta, Matilde36079783-MPE.C99.30.000.15720.028Técnico en zonas e instalación de produccións22RibeiraA CoruñaProvisional