Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.019

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de maio de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira, do aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 238, do 11 de decembro) para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira, e realizado o acto previsto na Orde do 25 de abril de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Nomear funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira, o aspirante que superou o proceso selectivo polo sistema de acceso libre e que se relaciona no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final

obtida, e adxudicándolle, como destino provisional, o que figura no anexo.

Para adquiri-la condición de funcionario, a persoa á que se refire o anexo desta orde deberá cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Apelidos e nomeDNICódigo do postoDenominaciónNivelConcelloProvinciaCarácter

Codesido Vilar, Juan Carlos32637943-TPE.C99.10.000.27650.052Inspector20CeleiroLugoProvisional