Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.996

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS

CORRECCIÓN de erros.-Acordo do 5 de decembro de 2002, do Padroado da Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés, polo que se anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal.

Advertidos erros no texto do antedito acordo, publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 83, do 30 de abril de 2003, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 5.508, punto 3.4, suprímese da súa redacción: «...que consistirá nun exercicio tipo test...»

Na páxina 5.509, punto 3.8 onde di: «a superación da primeira fase», debe dicir: «a obtención de trinta ou máis puntos na primeira fase», e onde di: «e a superación da terceira fase», debe dicir: «e a obtención de trinta ou máis puntos coa suma da segunda e terceira fase».